Normativa
Normativa
CONDICIÓNS DE USO
-
Esta Sede Electrónica e o seu Rexistro réxense polo establecido nos apartados Aviso legal e Política de Privacidade cuxas definicións e esixencias son de previa e obrigatoria aceptación por parte do usuario. A tenor destes apartados establécense estas condicións de uso da sede electrónica e do Rexistro Electrónico Xeneral, que son de aplicación a todo aquel que faga uso dos seus contidos ou servizos.
-
Segundo o establecido nos artigos 16 e 17 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, infórmase de que a presente sede electrónica creouse mediante Resolución 1A0/38263/2010, de 1 do decembro, do Centro Nacional de Inteligencia, pola que se crea a sede electrónica do Centro Nacional de Inteligencia, publicada no Boletín Oficial do Estado o martes 28 de decembro de 2010, núm. 315, sec. I., páx. 107632.
-
A través desta sede, actualmente pódense levar a cabo os seguintes trámites:
-
solicitude de certificados de boa execución,
-
solicitude de certificación de produtos e acreditación de laboratorios,
-
presentación da declaración persoal de seguridade,
-
envío de queixas e suxestións.
-
-
De acordo co estipulado no apartado Política de Privacidade sobre protección de datos de carácter persoal nos ficheiros do CNI, recoméndase aos usuarios que pretendan facer uso da facultade do artigo 16.4.a) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas e utilizar esta Sede Electrónica ou o seu Rexistro para dirixir notificacións a calquera outros organismos do artigo 2.1 desa mesma norma, utilicen o Punto de Acceso Xeral electrónico da Administración.
- Outra normativa aplicable.
-
Resolución 1A0/38263/2010, do 1 de decembro, do Centro Nacional de Inteligencia, pola que se crea a Sede Electrónica do Centro Nacional de Inteligencia.
-
Resolución 1A0/38248/2011, do 15 de novembro, do Centro Nacional de Inteligencia, pola que se crea e regula o rexistro electrónico.
-